2ª Territorial Galega Rugbi: FENDETESTAS RC 13 – BIERZO RC 13

[@migus.org – XF e AF] Cun empate a 13 solventouse o encontro desputado este pasado sábado entre o Fendetestas e o equipo do Bierzo. O cadro pontés conta con tres vitorias no que vai de Liga, Ourense (13-5), Zalaeta Arteixo (34-39), CRAT A Coruña B (7-24), e unha derrota, ante o líder Lalín (12-22). Os ponteses marchan segundos na clasificación. Lidera Coreti Lalín con 22 puntos, por 16 do Fendetestas, segundo. A continuación, Keltia Ourense 14, Bierzo 13, Zalaeta 11, CRAT B 5, e pecha a clasificación Santiago cun punto. Rematan a primeira volta en Santiago e comezan a segunda en Ourense, e logo a competición reanudarase en 2015.