A PONTESA RAQUEL BÉJAR FIRMA UN CONTRATO PROFESIONAL CO RC DEPORTIVO DE A CORUÑA

A PONTESA RAQUEL BÉJAR FIRMA UN CONTRATO PROFESIONAL CO RC DEPORTIVO DE A CORUÑA

A xogadora pontesa Raquel Béjar Castro convertiuse na primeira futbolista do clube herculino en firmar un contrato profesional coa entidade presidida por Tino Fernández.

A deportista, que en breve cumprirá 19 anos, chégalle esta boa nova logo de saber que estará apartada dos terreos de xogo entre dous e tres meses por mor dunha lesión.

A central está a realizar unha gran campaña, xunto á cancerbeira Malena Mieres, i é que o recén creado clube deportivista é segundo clasificado do grupo primeiro da Segunda División Feminina.

A outra xogadora en asinar un contrato é Teresa Abelelira, de apenas 16 anos, filla de Milo Abelleira, que fora adestrador do daquela Endesa de As Pontes a finais dos 90, e que a semana que ven adestrará coa Selección Española sub17.

A medio centro xa debutou coa Selección Galega absoluta este pasado mes de Decembro ante Cataluña.