Actuación de Borja Prieto en los campeonatos de España

O piraguista pontés, Borja Prieto Valera, desprazouse esta fin de semana a Verducido, co seu equipo, o Real Clube de Cultura Covadonga, para a disputa do Campionato de España.

Borja participou en cinco probas, e comezou o sábado no K2 1000 xunto a Javi Hernanz.

Como pasaban os 4 mellores tempos de cada regata e o mellor quinto, na súa segunda semifinal, botando un ollo aos tempos da primeira, entraron quintos, con 15 segundos de ventaxa sobre o sexto, e oito sobre a quinta embarcación da primeira.

Xa na gran final conseguiron un meritorio bronce, por detrás dos dous Tudenses, ouro para o Campión Europeo Junior 2009 Gabriel Campo e o Campión Mundial Sub23 2014 Rubén Millán, prata para o Campión Europeo sub23 2014 Roi Rodríguez, e Víctor Rodríguez.

Posteriormente disputaron o K4 1000, xunto ó gran Javi Hernanz, o tricampión mundial de Maratón Álvaro Fernández Fiuza e Miguel Gallo. Foron gañadores da súa semifinal, por diante do segundo Tudense e o Aranjuez.

Na gran final entraron segundos por detrás do Tudense de Campo-Millán-Víctor Rodríguez-Aarón Dieguez, e por diante do outro Tudense de Hernández, Piña, Lechuga e o tamén tricampión mundial de Maratón Iván Alonso, conseguindo a prata.

Na última das probas do sábado, na xornada de tarde, competiu no K4 500 con Hernanz, Gallo e o Campión Europeo Junior de 2002 Javier Fernández Castañón. Clasificaron primeiros na súa semifinal por diante de Aranjuez e Vilaboa.

Na gran final volveuse a impoñer o Tudense, con Campo-Pavón-Alonso-Piña, segundo Aranjuez, e terceiro Covadonga, bronce.

Na xornada do domingo, no K2 200, formando parella con Castañón, entraron terceiros na súa semifinal, unha das máis duras, con Campo-Pavón primeiros, Garrote-Vicente segundos e deixando fora da final a todo un especialista como Cristian Toro.

Nada puideron facer na final na que foron novenos, gañando Durius-Sanabria co gran Carlos Garrote e Vicente, segundo o Tudense de Campo e Millán, e terceiro o Betanzos do gran Carlos Arévalo e David Vilariño.

A última proba na que participou foi no K4 200, acompañado de Suárez Granda, Castañón e Gallo, sendo segundos na súa semifinal por detrás de Labaradores e por diante de Banyoles.

Na gran final quedaron sextos. Venceu Durius Sanabria, co gañador da Copa do Mundo de Portugal deste ano, Carlos Garrote, o doble campión mundial de relevos Pablo Andrés, o xove prometedor Íñigo García, e Rubén Vicente.

Despois entraron Puerto de Santa María, Palma, Naútico de Sevilla, Tudense, Covadonga, Labradores, Banyoles e Vilaboa.

Por equipos venceu o Naútico de Sevilla, por diante de Tudense, Aranjuez, Palma de Mallorca, Círculo Labradores, Cidade de Pontevedra, Covadonga, sétimo, Poio, As Torres-Romaría Vikinga e Ría de Aldán.

[amigus.org]