Actuación de Borja Prieto no Campionato de España de inverno

Actuación de Borja Prieto no Campionato de España de inverno

[@migus.org – XF] O piraguista pontés Borja Prieto Valera deprazouse esta fin de semana co seu equipo, o Covadonga, ata Sevilla para a disputa do Campionato de España de 2000 e 5000 metros. Sobre a distancia dos dous kilómetros, proba disputada o sábado, foi 19º cun tempo de 7:44:13, gañando o gran Paco Cubelos, por diante de Íñigo Peña e o ex Campión Mundial Diego Cosgaya. O Campión Mundial sub23 Rubén Millán foi o mellor galego, cuarto. Nos cinco kilómetros do domingo foi 55º cun tempo de 22:15:08, gañando o ex compañeiro de Borja de K4 na selección española, o vasco Íñigo Peña, sendo segundo o Campión de Europa Sub23 Roi Rodríguez, e outra vez terceiro Cosgaya. Moi ben por equipos o Covadonga, onde adestra Borja, que foi quinto, por detrás do inigualable Tudense, Aranjuez, Sevilla e Palma.