ACTUACIÓN DE GABI TEMBRÁS NO OPEN INTERNACIONAL DE LILLE

ACTUACIÓN DE GABI TEMBRÁS NO OPEN INTERNACIONAL DE LILLE

O taekwondista pontés Gabriel Tembrás Corrales desprazouse esta pasada fin de semana á localidade francesa de Lille onde competiu na quinta edición do Open de Técnica Internacional, que reuniu a máis de 500 competidores de varios países.

Xunto á súa compañeira do Moo Duk Kwan de Vilalba, Bea Felpeto, lograron o ouro en Freestyle parellas para menores de 17 anos. Xa en técnica, na proba por parellas Junior 15-17, foron oitavos de 25 dúos competidores.

Na proba individual Junior 15-17 participou Gabi xunto a outros 44 taekwondistas, e foi noveno nunha competición gañada polo galo Jean Michel Leang. Mentres tanto, na mesma competición feminina, Bea Felpeto foi duodécima de 43 participantes nun evento gañado pola danesa Eva Sandersen.