Actuación do clube Sílex no campeonato galego

Valdoviño foi o escenario este sábado do Campionato Galego de Tiro con Arco, Recurvo e Composto, masculino e femenino, nas categorías senior, xuvenil, veterano e adaptado.

Moi ben estivo Dani Castro en Recurvo Senior Masculino, que xa marcou a mellor marca nas tiradas previas con 632 puntos, con 29 de ventaxa sobre o segundo clasificado. Carlos Romero, tamén do Silex, acabou sexto con 558 puntos,
Logo Dani venceu sucesivamente a Ramón Vallejo (Arqueiros de Cambre) por 6-0, Jorge Cadavid (Lumelar) por 6-2, Jaime Santamaría (Lucus Augusti) por 6-4, e na final a Vicente Veira (Arc-Teixo), por 7-3, traendo a medalla de ouro.
Xenial estivo Carlos tamén, pois venceu a Adrián Barcia (Arco Narón ) por 6-0, J.Ramón Canda (Arco Muralla) por 6-2, perdeu en semifinais ante Vicente Meira por un axustado 7-5, pero recuperouse para gañar na loita polo bronce a Jaime Santamaría por 6-4.

En Recurvo Senior Feminino, nas tiradas previas, Cristina Castro tivo a terceira mellor marca con 515, lonxe dos 571 de Noelia Pena, e 614 de iria Grandal.

Cris gañou a Selene Blanco (Arqueiros de Cambre) por 6-4, en cuartos, logo en semifinais perdeu 6-0 con Noelia Pena (Arc -Teixo), e gañou 6-2 na loita polo bronce a Olaia Pérez (Arco Narón). Na final Noelia Pena impúxose á gran favorita, Iria Grandal, do Arco Narón, por 6-2.

En Composto Senior Masculino, Xaquín Mira tivo a terceira mellor marca nas frechas clasificatorias con 680 puntos. Xa na loita polas medallas venceu a Oscar Berrocal (Arco Muralla) por 147-121, en cuartos, perdeu en semifinais na frecha de desempate ante Guillermo Rodríguez (Arco Narón) tralo 141-141, e logo fíxose co bronce tras gañar claramente 145-134 a Arturo Salvador (Arco Barco). Na final, Alberto Blázquez (Arco Narón) impúxose por 149-146 a Guillermo Rodríguez.

Nesta proba tamén competiu Javier Vázquez, do Sílex, que foi cuarto nas clasificatorias con 661 puntos, pero caeu ante Arturo Salvador 128-127 en cuartos, acabando sexto.

Adriano Romero, do Sílex, foi quinto en Recurvo Veteranos, tras clasificar in extremis á rolda definitiva coa oitava mellor marca e perder en cuartos por un axustado 7-5 ante Jose Martín Gómez (Arco Barco). Nesta proba foi segundo Juan Dopico (Arco Ferrol).

Outros metais para competidores da Comarca chegaron en Recurvo Xuvenil, Pedro Pina (Arco Ferrol), e en Composto Veterano, Julio Seoane (Ares Arco), ambos foron prata. Tamén gañou en Arco Recurvo Adaptado Manuel Brage (Arco Ferrol).

[amigus.org]

silex