ACTUACIÓN DO CLUBE SILEX NO CAMPIONATO GALEGO EN SALA

ACTUACIÓN DO CLUBE SILEX NO CAMPIONATO GALEGO EN SALA

Tres arqueiros do Silex pontés desprazáronse esta fin de semana á localidade ourensana de Taboadela para a disputa do Campionato Galego de Tiro con Arco en Sala.

En Recurvo Senior masculino, dos 24 participantes, Miguel Alvariño foi segundo nas tiradas previas con 580 puntos, mentres Dani Castro era terceiro con 551. Foi primeiro Vicente Veira, do Arc-Teixo, con 581 puntos.

Xa nas roldas eliminatorias nas que entraron os 16 primeiros, Alvariño venceu a Jose Armando Carballo (Teucro), 7-1, e a Roberto Lombardero (Muralla), 6-0, chegando a semifinais. Pola súa parte Daniel Castro venceu 6-0 a Brais Seoane (Ares), e 6-2 a Juan Ramón González (Lumelar).

Ambos cruzáronse en semifinais con vitoria 7-1 para Maikel. Na loita polo bronce Dani gañou 7-3 a Antonio Otero (Lumelar), e polo ouro impúxose Alvariño a Vicente Veira por un tanteador de 6-2.

Na competición de Recurvo Senior, Cristina Castro foi cuarta nas tiradas previas das 15 participantes, con 490 puntos.

Nas roldas eliminatorias das oito primeiras, Cristina venceu a Isabel Vila (Muralla), por 7-3, caendo en semifinais ante Noelia Pena (6-0), primeira da previa con 535 puntos.

Na loita polo bronce perdeu ante Marta Guerrero (Muralla), por 6-2. No duelo polo ouro a arqueira do Arc-Teixo Noelia Pena vencía a Ana Isabel Villar (C.E.L.T.A) por 6-4.

amigus.org