Actuación dos arqueiros locais na Copa do Mundo de Nimes

Actuación dos arqueiros locais na Copa do Mundo de Nimes

[@migus.org – XF] Seis arqueiros da Comarca de Ferrolterra, e catro do Clube Silex, desprazaronse esta fin de semana á localidade francesa de Nimes, para a disputa da Copa do Mundo Indoor. Na categoría de Recurvo masculino, Miguel Alvariño (Clube Silex) conseguiu o 21º posto nas eliminatorias con 581 puntos, enfrontándose ó campión olímpico, mundial e europeo, Mauro Nespoli, ó que venceu por un axustado pero igualmente histórico 6-5, con 10-8 na frecha de desempate, caendo posteriormente en oitavos ante o campión do mundo francés Jean Charles Valladont por 2-6, nunha ronda final copada polos tres coreanos e o estadounidense campión universal Brady Ellison, acabando Miguel nunha máis que digna novena praza. Daniel Castro (Clube Silex) foi 24º con 563 puntos nas eliminatorias de Recurvo Junior, logrando vencer en dezaseisavos ó francés Mortemousque por 6-4, caendo en oitavos ante outro galo, Lacombe, por 4-6, acabando nunha meritoria novena praza. Cristina Castro (Clube Silex) clasificouse 11º nas eliminatorias de Recurvo Junior femenino con 549 puntos, logrou vencer á británica Taylor en dezaseisavos por 7-3, caendo posteriormente en oitavos ante a italiana Rota por un apretado 5-6, con 9-10 na frecha de desempate, quedando nunha gran novena praza. Tres participaban na categoría de Arco Composto, e o mellor clasificado foi Alberto Blázquez (Arco Narón), que quedou 13º na calificatoria con 593 puntos. Venceu en dezaseisavos ó estadounidense Ryals 147-145 para caer posteriormente en oitavos ante o francés Deloche por un xusto 148-149, logrando unha meritoria novena praza. Non puideron superar a primeira rolda Xaquín Mira (Clube Silex) que foi 53º con 585 puntos nin Guillermo Rodríguez (Arco Ferrol), 125º con 575, dun total de 318 participantes nesta especialidade.