

Discurso del Presidente de AMIGOS de As Pontes, D. Jose Luis Corral Rey en el Homenaje como Pontés do Ano a D. Cosme Formoso. 20 de abril de 2007.
Boas noites, señoras e señores,
Esta noite xuntámonos aquí para celebrar unha cea de homenaxe a D. Cosme Formoso Antón, un estimado veciño pertencente a unha familia pontesa de vella tradición artesán e industrial, unha familia de empresarios emprendedores e creativos.
Sendo case un neno, comezou unha traxectoria profesional relacionada coa metalurxia e coa mecánica. Primeiro como artesán e logo asistindo á chegada das grandes industrias públicas a este concello, polo que coñeceu moitas máquinas e mesmo pilotou o famoso xerador Crosley nos anos corenta e, os enormes hipercompresores nos anos sesenta.
Agora con mais de oitenta anos, disfruta manexando máquinas ferramentas modernas de mecanizado, segue a facer os seus inventos mecánicos e, estase a reciclar no coñecemento dos modernos tractores, equipados con aire acondicionado e lectores de C D.
Cosme é moi apreciado por tódolos compañeiros de traballo e polos aprendices que estiveron ó seu cargo. Cando estes aprendices chegaron a operarios, tiveron a sorte de contar coa colaboración do mestre que ensina a todo aquel que quere aprender.
Por todo iso, Cosme, pola ilusión que pos na vida, pola túa lucidez, felicitámoste.
Polo exemplo que nos das, moitas gracias.