

Discurso del Presidente de AMIGOS de As Pontes, D. Jose Luis Corral Rey en el Homenaje como Pontés do Ano a D. Evaristo Puentes Durán. 31 de marzo de 2006.
Boas noites, señoras e señores,
Celebramos esta noite unha cea para render unha merecida homenaxe a D. Evaristo Puentes Durán, veciño noso dende hai moitos anos é persoa moi apreciada polo pobo de As Pontes. Evaristo é un home que adicou gran parte de a súa vida ó mundo do deporte,co seu saber facer e o seu entusiasmo foi unha das persoas que fixeron posible o extraordinario desenrolo do deporte de competición que aconteceu neste pobo, nos anos 60.
Foi futbolista, socorrista de natación, encargado do material e das instalacións deportivas, pero foi ademais, esencialmente, unha persoa muy próxima e de confianza para moitos deportistas, nos adestramentos e durante as competicións, aplicando masaxes, e sendo quen de trata-las lesions que se producen nos partidos de futbol e noutras actividades deportivas.
Pero Evaristo no só foi o alivio das dores dos deportistas, valéndose das suas mans e da “Auga milagreira ” é tamén, para moitos de nós, o remedio que en calquera intre necesitamos. Ainda hoxe, sen mirar reloxo nin almanaque, abre as súas portas ás nosas dores e, logo dalgúns minutos de ungüentos e habilidades, fainos saír brincando e con ganas de foguetes.
Por todo elo, Evaristo, dámosche as gracias e agardamos que continúes moitos anos co teu benfacer.