Adrián Bouza gaña o slalom Concello de Moeche

O piloto pontés Adrián Bouza Soto, da escudería Meira, venceu esta fin de semana na proba disputada en Moeche, habendo 46 pilotos inscritos. Segundo acabou Rubén Gandoy (A.Ferrol), e terceiro Pablo Castro (Siroco Narón). Seguíronlles Antonio Amor (Moeche) e Manuel Souto (PTC Motor Club).

Con esta vitoria o piloto pontés aúpase á primeira posición trala dispua de cinco probas. Non obtivo ningún punto na inicial en Neda, pero ademais da de Moeche, gañou a de Rianxo, e foi segundo en Silleda e Valga, polo que suma 260 puntos. Seguelle Manuel Souto con 216, Pablo Castro, 210, e Rubén García (Siroco Narón), o líder ata esta proba, ten 192. O Seu irmán, Enrique Bouza, é sétimo con 104 puntos.

Restan tres probas para o remate deste Campionato Galego de Slalom, en Setembro será a proba de Virxe das Dores, en Outubro a de Touro, e concluirá a competición en Decembro, en Fene.

[amigus.org]