Antonio Polo vence na Copa de España de Maratón de Piragüismo

Antonio Polo vence na Copa de España de Maratón de Piragüismo
[@migus.org – grupo xuvenil]   O pontés do Grupo Xuvenil de Piragüismo proclamouse o pasado sábado gañador da Copa de España de Maratón de piragüismo, na categoría de veteranos de 35-39 anos, celebrada no río Lérez en Pontevedra, que foi tamén Capionato Galego da modalidade. Antonio Polo rematou os 21 km da competición en 1 hora 35 minutos, seguido de Javier Conde, do Vilaboa e de Ion Sagrado do Santiogatarrak de irún. José Antonio Menéndez rematou 7º na mesma categoría, e Ernesto Gancedo foi tamén 7º na categoría de 40-44 anos. Do equipo pontés tamén participaron Pablo Moreno, que rematou 21º en sub-23, e Carlos Durán 25º en k1 cadete.Por outra banda o venres, na primeira regata Provincial de promoción celebrada en Pontedeume o Xuvenil acadou os seguintes resultados:

 

Home Benxamín                Muller Alevín A                     Muller Alevín B          Home Alevín A

Lucas Valle 5º                     Carmela Domínguez 6º         Helena Pita 6ª              Aarón García 7º

Pablo Casal 20ª                  Icía Basanta 7º

 

Home Infatil A                    Home Infantil B                    Muller Benxamín              

Manuel Fernández 20º        Manuel Alén 12º                   Celia Durán 2ª

Estela Calvo 9ª

Lía Valle 16ª

Home Cadete K1

Carlos Durán 7º

Xosé Guerreiro 19º

Martín García 20º

Miguel Domínguez 21º

 

Cabe destacar que esta era a primeira competición para a maioría dos nenos e nenas. O Vindeiro domingo celebrarase a segunda regata da Liga Provincial, esta vez en As Pontes.