As Pontes celebrará este domingo a súas Noite Meiga con música, maxia e sardiñada popular

 

 

Todo listo en As Pontes para celebrar este domingo unha nova edición da súa Noite Meiga na Canle IV. Unha programación cargada de actividades para os peques, música, representacións e sardiñada popular para festexar por todo o alto a noite de San Xoán.

As actividades arrancarán ás 18:00 horas con contacontos e obradoiros para os máis pequenos da casa. Haberá representacións e espectáculos musicais, ademais de obradoiro de caracterización de bruxas e pintacaras, para peques de 6 a 12 anos de idade, xogos de música e conxuro para alonxar ás ánimas.

Xa ás 20:00 horas terá lugar unha actuación clown, malabares, microteatro, cabaré e actuacións variadas. Media hora máis tarde será a queda dun espectáculo de maxia para toda a familia e sardiñada popular a 10 euros. Ás 22:00 horas tempo para as actuacións musicais con Broken Peach.

Ben entrada a noite, sobre as 23:30 horas, será o momento de prender a luminaria de San Xoán e continuará a festa con música.

FERROL360