As Pontes celebrará este sábado a XVI Festa do Camioneiro

 

Este sábado 20 de maio celebrarase en As Pontes a XVI Festa do Camioneiro, organizada polo Concello de As Pontes e o A.C.T.C -Asociación del Colectivo de Transportes de Carbón-, cun programa de actividades do máis completo.

Ás 09:00 horas dará comezo a concentración de camións na Casilla e unha hora máis tarde está prevista a saída hacia o municipio. O percorrido finalizará ás 11:30 horas e a misa terá lugar ás 13:00 horas na Praza de América.

Media hora máis tarde comezará a sesión vermú e haberá xantar popular no Colexio Santa María, a partires das 14:30 horas. Xa pola tarde, ás 18:00 horas, terá lugar a exhibición de coches de Rallye karts para adultos e nenos.

Ferrol360