As Pontes homenaxeará ao torneiro Fernando Verez cunha exposición da súa vida e obra

As Pontes homenaxeará ao torneiro Fernando Verez cunha exposición da súa vida e obra

[@migus.org – RTVEume] O Concello de As Pontes, mediante o departamento municipal de Cultura, renderá homenaxe a mediados de febreiro á figura do falecido torneiro pontés Fernando Vérez Tojeiro. Será cunha exposición que levará por título A Beleza do Torneiro e que se instalará nas dependencias da sala de exposicións do Mercado Vello.

Un escenario que o protagonista coñecía moi ben xa que, entre as súas paredes, tivemos a aportunidade de desfrutar do seu traballo coa madeira ao abeiro de exposicións gran relevancia internacional. A Beleza do Torneiro abrirase ao público o 13 de febreiro, coincidindo coa fin de semana de Antroido, e poderá ser visitada ata o día 27 do mesmo mes, de xeito totalmente gratuíto. Nesta mostra contarase con moitos dos traballos elaborados por un dos mellores modeladores da madeira non só de Galicia, senón tamén de Europa ; ademáis de fotografías, vídeos e imaxes do propio Fernando Vérez que, en abril do pasado ano, falecía aos 49 anos de idade. Premiado con importantes galardóns, autor de pezas que protagonizaron relevantes mostras coma Contornos e mestre en grandes citas internacionais da altura dos encontros anuais de Torneiros de Xermade ou Tenerife; Fernando Verez foi un auténtico apaixoado do dar forma á madeira, de expresar mediante as súas mans o seu sentir e ata de impulsar a artesanía galega en todos os ámbitos da sociedade. Fundador e integrante do colectivo de Artesáns do Eume e dos Amigos da Madeira, membro do Clube Sílex de Tiro con Arco e apaixoado tamén do mundo da fotografía, Fernando Vérez volverá estar presente en As Pontes en tan só un par de semanas con esta homenaxe que, de seguro, será todo un éxito de visitantes.