As Pontes viaxa á Prehistoria na segunda edición da Cita coa Historia

As Pontes viaxa á Prehistoria na segunda edición da Cita coa Historia

O casco vello das Pontes acollerá os vindeiros 3, 4 e 5 de xullo a segunda edición da Cita coa Historia das Pontes. Organizada pola Asociación Lembranza da Vila, o Concello das Pontes, o Grupo Taranis e Cultureume, en colaboración coa Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes e Asiera Historia. Este ano como novidade principal as actividades estarán centradas no periodo histórico da Idade do Ferro, en concreto na época castrexa. [amigus.org]