As Pontes de García Rodríguez,

       
Inicio  

    Pontés do Ano        D. Salustiano Ameneiro Vázquez "Salustiano de Pontoibo"

Historia AdAP      
Estatutos  
Directiva  
Concejales  
Cómo afiliarse  
Contacto  
   
Historia As Pontes  
Paseo en As Pontes  
Pontés de Ano  
As Pontes on line  
   
Libro de Visitas  
FOROS  
     
     

AdAP  (R) 2006

 

Discurso del Presidente de AMIGOS de As Pontes, D. Jose Luis Corral Rey en el Homenaje como Pontés do Ano a D. Salustiano Ameneiro Vázquez. 1 de abril de 2005.

     
   

Boas noites, señoras e señores,

Esta noite celebramos unha cea de confraternidade e rendemos una merecida homenaxe a Don Salustiano Ameneiro Vázquez, un estimado veciño das Pontes, unha persoa cunha intensa vida chea de avatares e de vivencias, case sempre, vinculadas coa xente, coas tradicións do seu pobo e coa terra. O señor Salustiano de Ameneiro foi toda a súa vida agricultor e gandeiro. Cremos que vive ó compás que marcan ano tras ano o clima, as estacións, o sol, e a choiva.

Pensamos que, nestes tempos de modernidade, xa debe ser un dos poucos que quedan, capaces de entende-las tèmporas. Contando con estos elementos, contando co seu traballo e a sua experiencia, os alimentos que produce han ser, sen dúbeda, de primeira calidade . Asemade, ten a honra de dirixir, ano tras ano, a tradicional poxa das ofrendas a San Vicente de Pontoibo. A persoa á que hoxe lle facemos esta homenaxe ten unha memoria prodixiosa. Ten moito arte para contarnos as súas vivencias. Nos agasalla e anima coas suas cántigas, poesias, refráns e infinitas historias das Pontes. Don Salustiano Ameneiro Vázquez é parte destacada da historia das Pontes.

É a memoria viva das tradicións dun pobo. Por todo elo, señor Salustiano, moitas gracias.ias!