CERIMONIA DAS WORLD SERIES RAID GALLAECIA 2017

CERIMONIA DAS WORLD SERIES RAID GALLAECIA 2017

No día de onte sábado celebrouse a cerimonia de entrega de premios, e posterior cea e festa final, das World Series Raid Gallaecia 2017, que se levaron a cabo durante esta semana, con saída e chegada en As Pontes, ademáis de percorrer outros 14 Concellos da Comarca de FerrolTerra.

Durante a xornada de onte chegaron a meta os dous últimos equipos, o local Brigantia Lago Empedrado, que o facía na novena posición, e o francés XTTRaid63, décimo.

Tamén arrivaban os dous únicos conxuntos por parellas que conseguían rematar, os dous Cambate Las Patas, 1 e 2.

Dada a dureza da competición ata 22 equipos non foron capaces de rematar esta proba tan dura de máis de 500 kilómetros de percorrido.

No evento amenizado por Xalo Mairas, estaba o Alcalde Valentín González Formoso e o concelleiro de Deportes, Chicho Tembrás. Os equipos partiron cara ós seus destinos este domingo

Amigus.org

ENVIAR COMENTARIO

Comentario (Obligatorio)

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Nombre (Obligatorio)
Email (Obligatorio)