Club de Montaña O Caxado: Saída pola Costa Artabra

Club de Montaña O Caxado: Saída pola Costa Artabra

[@migus.org]  Despois de leer as verbas do amigo (Pol) na pasada crónica en relación a saída de Pirineos atrevémonos a seguir relatando as nosas saídas, aínda que con moito traballo para tentar acercarnos a tan bo traballo. Este domingo volvemos percorrer unha parte da Costa Artabra, iniciamos o percorrido ascendendo ás antigas baterías costeiras emprazadas no Alto de Campelo, e desmanteladas nos anos 40. Estas baterías formaban parte do dispositivo de defensa ante un posible ataque naval a Ferrol e estaba formado por un total de catro baterías costeiras instaladas en Campelo(Valdoviño), Cabo Prior, Cabo Prioriño e o monte de San Pedro, na Coruña. Cada unha delas constaba de dous canóns de 38,1 centímetros de diámetro, e de case 18 metros de lonxitude, catro de 15,24 e outros catro canóns antiaéreos de 10,5 centímetros. Os elementos de maior tamaño, tiñan un alcance de 35 quilómetros. A base naval de Ferrol estaba defendida, desta forma, pola maior concentración artilleira da época. Despois de gozar das magníficas vistas da costa deValdoviño a Cabo Prior, dende o Alto dá Vela, iniciamos o descenso cara á praia de Campello onde se inicia a senda costeira, nesta ocasión optamos por subir polo Couto dás Penas, na baixada desviámonos ata a Pena Molexa que é unpenedo granítico formado por varias rochas de gran tamaño. A rocha principal parece estar colocada, encaixada, entre as outras, apuntando o lugar polo que cada 19 anos sae a lúa chea no solsticio de verán Casualidade natural ou colocación artificial da Idade de Bronce? De volta o camiño continuamos cara o miradoiro Alto dá Lagoa (309 m), despois de contemplar as vistas baixamos ata un piñeiral o lado da praia de Ponzos, onde repoñemos forzas para continuaro co camiño, máis adiante quedan os restos dun lavadoiro dunha mina de ouro situada a uns centos de metros cara o interior, hoxe non visible. Chegamos á praia de Santa Comba onde hai unha ermida situada na pequena illa de Santa Comba Atravesamos a praia e dirixímonos ata Cabo Prior onde está situado un faro aínda en activo, e outro emprazamento de baterías costeiras tamén desmanteladas como as deCampelo. Despois dun anaco descansando, gozando da paisaxe, do sol en voa compaña volta para As Pontes, con parada para hidratarse.