Conferencia e curso sobre grabacións de sons da natureza con Eloisa Matheu

[@migus.org – RH] O vindeiro venres 21 Eloisa Matheu impartirá a conferencia-audición: “Escuchar y entender el sonido de la naturaleza: un recorrido desde la afición a la ciencia” na que nos introducirá no fascinante mundo dos sons da natureza. Eloisa Matheu traballa desde hai casi 25 anos na grabación de sons da natureza desde o selo discográfico “Alosa, sonidos de la naturaleza”, elaborando diferentes recopilacións de sons animais e paisaxes sonoras por todo o mundo, e participando en proxectos de investigación.

Será ás 19:00 no cine do Lar. A entrada é libre.

Os días seguintes, 22 e 23, desenvolverase un curso sobre esta mesma temática no que se pretende ofrecer as bases para calquera afecionado que queira iniciarse na granación de sons na natureza. O curso ten prazas limitadas e é preciso inscribirse en drosera.lugo@gmail.com ou no teléfono 670514888 (Roberto Hermida).

Máis información:

Web de Alosa: http://www.sonidosdelanaturaleza.com/es/home

Entrevista a Eloisa en La Escucha Atenta: http://laescuchaatenta.wordpress.com/2013/03/24/eloisa-matheu-lea-cuestionario/

Entrevista en Radio Aguilar: http://www.ivoox.com/entrevista-a-eloisa-matheu-sobre-cursos-sonidos-audios-mp3_rf_3171019_1.html