Déporcampus no campo do poboado

Déporcampus no campo do poboado

O Deportivo da Coruña escolleu este ano unha nova sede para o seu campus que organiza tódolos veráns. Será no campo pontés do Poboado do 17 ó 21 do vindeiro mes de xullo. Está dirixido a nenos e nenas entre os 6 e os 14 anos.

O acto de presentación tivo lugar este luns no salón de plenos da Casa do Concello. Nela estiveron presentes Tino Fernández, presidente do Deportivo, xunto a Xaime Castro, presidente do CD As Pontes, a tenente de alcalde do concello de As Pontes, Montserrat García, e Chicho Tembrás, concelleiro de deportes.

Os interesados en participar poden informarse a través da web deporcampus.rcdeportivo.es ou nas propias instalacións do Club Deportivo As Pontes. O prazo de inscrición remata o 13 de xullo.

ENVIAR COMENTARIO

Comentario (Obligatorio)

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Nombre (Obligatorio)
Email (Obligatorio)