Día da Bicicleta

Día da Bicicleta

[@migus.org – AF] Un gran éxito de participación dunha nova edición do Día da Bicicleta, que unha vez máis organizou La Voz de Galicia e Radio Voz. As máis de 600 persoas participantes triplica a da anterior edición. A excelente climatoloxía con sol e calor, pese á chuvia da noite, favoreceu que ós 400 inscritos con anterioridade se sumasen na mañá do domingo máis de duascentas persoas da propia vila e outras localidades cercanas. Non foi unha proba competitiva, senón unha xornada para gozar da bicicleta e do medio natural, como o lugar de avituallamento establecido no lago, o casco antigo da Vila co paso sobre a ponte de García Rodríguez do século XV. A marcha, cun percorrido de oito quilómetros por rúas e avenidas da vila e dos arredores, partiu diante da Casa do Concello, onde rematou unha hora e media despois. Ó remate houbo entrega de agasallos nun sorteo no que Aloia Murado levouse a bicicleta que entregou o alcalde pontés, Valentín González Formoso, quen tamén participou na marcha xunto á súa familia. Outros premiados con diversos agasallos, doados por diversas casas comerciais da localidade, foron Beatriz Ananías, Nacho Villasuso, Miguel López, Aroa Blanco, Antí Pita, Antía Rodríguez, Sabela Calvo, Roberto Pita, Héctor Nieves, José M. Pita, Alejandro Rey e Tomás Losada. Esta nova edición do Día da Bicicleta foi patrocinada polo Concello de As Pontes en colaboración coas empresas Matojoma, Galiorient e Valoriza, correndo a organización a cargo dos clubs ciclistas As Pontes-Vilalba e Terras do Eume coa colaboración da Policía Local e o Servizo de Protección Civil.

dia_da_bicicleta_0005-1024x682