Dous ouros para Gabriel tembrás no Campionato Galego

Dous ouros para Gabriel tembrás no Campionato Galego

[@migus.org – XF]  O pasado sábado en Noia o xove deportista pontés de 13 anos Gabriel Tembrás Corrales sumou dous novos éxitos á súa curta pero brillante traxectoria deportiva. O taekwondista do Moo Duk Kwan de Vilalba Participou no Campionato Galego Senior de Técnica e Freestyle, especialidade da que é Campión Europeo, e 7º do Mundo, Junior, e acadou dúas medallas de ouro. En Cadete Individual impúxose por diante de Manuel Paz, prata, e Ángel López e Daniel Redondo, bronce. Por parellas gañóu xunto a Beatriz Felpeto por diante de Bárbara Di Martino e Manuel paz, prata, e Nerea Budiño e Daniel Redondo, e Alma Pérez e Luis Silva, bronces.