España estará en Río de Janeiro

España estará en Río de Janeiro

Nunha mañá de moitos nervios poñíanse en xogo as oito prazas que clasificaban a Río de Janeiro na modalidade de Tiro con Arco tanto en feminino como en masculino.

Comezaban a clasificación as mulleres e ningunha opción tiveron Alarcón, Marín e Martín ante as mexicanas, coas que perderon por un rotundo 0-6. Xunto á selección mexicana, clasifican Corea, Georgia, Rusia, China, Japón, India e Colombia.

En homes, a competición estivo moi igualada, salvo o 6-0 de Holanda a Austria, o 6-2 de EEUU a Canadá, ou o 5-1 de China Taipei a Ucrania.

Moi competido foi o 5-3 de Australia a Brasil, pero moito máis o feito de que ata catro enfrontamentos se tiveran que resolver nas frechas de desempate, aínda que non fallaron os favoritos e Corea do Sur venceu a Polonia, Italia á India, e China a Xapón, neste caso, por uns milímetros.

O duelo entre España e Alemaña comezou mal para o combinado español, que perdía 3-1 tralos dous primeiros sets (53-53 e 48-53). Repuxeronse cun axustado 53-51 no terceiro, volvendo a empatar no cuarto, 52-52. Co 4-4 no marcador dispuxeronse a lanzar as frechas de desempate, tendo máis temple o combinado español, que venceu 26-24 e estará en Río xunto a Holanda, EEUU, China Taipei, Australia, Italia, China y Corea, coa que se cruzará en cuartos.

[amigus.org]