Falece Lucio Rubio, expresidente do Endesa das Pontes

Falece Lucio Rubio, expresidente do Endesa das Pontes

Lucio Rubio de Antonio, quen fora presidente na primeira etapa do Club Deportivo Endesa, logo de cambiar o seu nome o histórico CF Calvo Sotelo, para despois recuperar a denominación de CD As Pontes.

 Lucio Rubio de Antonio, moi querido na vila pontesa, nacera na pequena vila segoviana de Nava de la Asunción en 1934, chegando a As Pontes na década dos setenta como empregado de Endesa, da que logo foi director.

Estivo como presidente na primeira tempada como CD Endesa (1974/75), cando o equipo militaba en Rexional Preferente. Foi substituído no cargo ó ano seguinte polo asturiano Juan Manuel Cabal García.

Con motivo dos actos do 50 aniversario da federación do club, Lucio Rubio recibiu a insignia de ouro da entidade, xunto ós outros nove presidentes de 1960 ata 2010.

O luns será incinerado en Ponferrada, cidade a onde se trasladou logo do súa etapa nas Pontes. Na memoria da súa persoa, tódolos equipos do actual Club Deportivo As Pontes portarán brazaletes negros e gardarase un minuto de silencio antes do comezo dos partidos desta fin de semana.

[lavozdegalicia.es]