Fernández 9º, Rodríguez e Alvariño 17º, no mundial de Dinamarca

O arqueiro pontés Miguel Alvariño García caeu na rolda de dezaseisavos de final nos Mundiais que se están disputando en Copenhague. Enfrontábase ó indio Mangal Singh Champia, 59º da previa, e o competidor de Ferrolterra sempre foi por diante, 2-0 e 4-2, pero uns discretos 21 puntos no cuarto set, onde fixo dous deces máis un único punto, e 23 no quinto, por uns máis que aceptables 29 e 28 do indio, fixeron vencer a este 6-4, e frearon as posibilidades do arqueiro del Silex neste torneo, e acabou moi enfadado.

Juan Ignacio Rodríguez tamén caeu, 3-7, ante un rival de tronío coma o campión olímpico ucraino, Víktor Ruban.
Algo máis lonxe chegou Antonio Fernández, que venceu ao chileno Guillermo Aguilar, 6-2, pero logo perdeu polo mesmo tanteo co enrachado tirador indio verdugo de Alvariño, que pechou as aspiracións dos dous españois.

Fernández conclue 9º, mentres Alvariño e Rodríguez na 17ª praza. Polo bronce competirán o xaponés Furukawa e o venezolano Malave, mentres que polo ouro, o holandés Van der Ven e o coreano Kim Woojin.

Na competición de arco composto, o madrileño do Arco Narón, Alberto Blázquez, venceu ó checo Brada 138-134, pero logo caeu na segunda rolda ante o ruso Filatov, 138-144. Moi ben estivo Andrea Marcos, a un só punto da semifinal, e con unha máis que digna sexta praza final.

[amigus.org]