Festas do Carme 2014 por Antón Ferreiro

Festas do Carme 2014 por Antón Ferreiro

[@migus.org – af] Este luns remataron as festas do Carme na súa primeira parte, que comezaron co pregón a cargo de varios comerciantes ponteses e ás que acudiron milleiros de ponteses e forasteiros. Houbo actividades para tódolos gustos, exposicións de fotografías, actividades para os máis pequenos, mostra de música coral, concertos de grupos locais, da banda de música pontesa, o festival folclórico internacional con grupos de Euskadi, Eslovaquia, Costa Rica, Chile e Galicia, actividades deportivas como a marcha ciclista popular con preto de 200 participantes. O prato forte foron as verbenas co mellor do mundo orquestral galego, con Ache, Gran Parada, Filadelfia, Jerusalén, Sintonía de Vigo, Los Satélites, París de Noia e Panorama. Non podían faltar as funcións relixiosas e as tradicionais procesións, a da noite do sábado e a de subida do domingo, ás que a auga respectou, como comentou un amigo “choverá antes ou despois, pero durante as procesións non”. E non estivo errado o veciño, xa que despois de rematar a do sábado, choveu o que quixo durante toda a noite. O broche de ouro das festas do verán pontesas será a vindeira fin de semana coa celebración da Romaría da Fraga, festa con máis de cen anos de historia e declarada de interese turístico. Na noite do 24 será o festival folk da Fraga cos grupos Balakandra, os escoceses de Skerryvore, Muxarega e o acordeonista pontés Andrés Penabad.

festas_2014_0000 festas_2014_0010 festas_2014_0024 festas_2014_0038 festas_2014_0071 festas_2014_0075 festas_2014_0077 festas_2014_0104 festas_2014_0161