Finais da Copa da Xunta de Fútbol Sala

[@migus.org – AF]  O vindeiro mércores, 1 de abril, o pavillón da Fraga pontés será escenario das finais da Copa Xunta de Galicia tanto na categoría masculina como feminina. A primeira final será a de mulleres (19,00) entre o Burela FS e o Ourense FS. A continuación (21,00) enfrontaranse na final masculina O Parrulo de Ferrol e o Santiago Futsal. O Esteo Fútbol Sala, equipo de Segunda División B, organiza este importante evento deportivo en colaboración coa Federación Galega de Fútbol Sala, Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e o Concello de As Pontes.

CARTEL-COPA-XUNTA