Gabriel Tembrás acada 3 Ouros nos Campionatos de España

Gabriel Tembrás acada 3 Ouros nos Campionatos de España

[@migus.org – XF]   O taekwondista pontés Gabriel Tembrás desprazouse esta fin de semana á localidade castellonense de Oropesa del Mar para a disputa do Campionato de España de Taekwondo. Gabri, da Escola Municipal de As Pontes, gañou na categoria infantil individual e tamén por parellas cadete, que formaba coa viguesa Lucía Penin Costas. Tamén gañou con solvencia en freestyle, proba na que é Campión Europeo Junior. Tan so perdeu por unhas décimas o campionato cadete individual, competindo contra rapaces dous anos maiores. Aínda así conquistou o bronce. Estos brillantes resultados, sumados ó ouro cadete e ó bronce por parellas no Open de España, competición internacional de máxima categoría, outorgan a Gabriel moitas posibilidades de entrar na convocatoria da selección española de cara ó Mundial que se celebrará dentro dun mes en Aguascalientes (México). Tamén agarda poder ser convocado en Freestyle, modalidade na que o ano pasado no Mundial disputado en Indonesia, Gabri ía tentar defender o seu título europeo, pero un cambio de normativa de última hora da Federación Mundial de Taekwondo so permitiu participar a maiores de 15 anos imposibilitándolle viaxar ó Campionato asiático.

Gabriel_2-1024x768