Gabriel Tembrás acude ós Campionatos de España de Técnica

Gabriel Tembrás acude ós Campionatos de España de Técnica

[@migus – XF] O alumno da Escola Municipal de Taekwondo de As Pontes, o Campión de Europa Junior, Gabriél Tembrás, desplazarase coa selección galega ó Campionato de España de Técnica que se celebrará en Oropesa del Mar (Castellón), esta fin de semana. Gabriel participará en infantil e cadete, categorías nas que é o actual Campión Galego. Tamén participará en Freestyle e en parellas cadete. Deste campionato sairá a representación española que acuda ós Mundiais absolutos que dentro de un mes se celebrarán en México. O ano pasado, nos celebrados en Indonesia, Gabriel non puido acudir a última hora por cambiar a normativa de idade. A Federación Española, de acordo cos resultados deste campionato, ademáis dos producidos no Open de España, nos que Gabriel gañou ouro, seleccionará definitivamente ós representantes españois de cara ó Mundial.