Gabriel Tembrás competirá en México

Gabriel Tembrás competirá en México

[@migus.org – XF] O taekwondista pontés Gabriel Tembrás Corrales logrou definitivamente o apoio necesario para poder acudir ó Mundial de Taekwondo, e de feito xa se atopan en México tanto él como o seu mestre, Antonio Montes, que xa dirixira á gran Lucía Legaspi, bronce europeo e mundial en 1996, e o resto da delegación española. Gabriel competirá con so 13 anos en Cadete individual e parellas (xunto á viguesa Lucía Penin) de formas e en Freestyle Junior a partir do xoves e ata o próximo domingo. Por fin poderá Gabri disputar un Mundial, i é que xa fora convocado o ano pasado para o de Bali (Indonesia), pero un cambio de normativa de última hora que non permitía a participación a menores de 15 anos impediulle participar. España aspira a superar os 2 ouros e 2 bronces conseguidos o ano pasado, en que foi séptimo e primeiro país europeo do medalleiro tras Corea do Sur, Vietnam, Filipinas, Irán, EEUU e Tailandia.

gabriel_0001-768x1024