Gabriel Tembrás e Beatriz Felpeto bronce no europeo

Gabriel Tembrás e Beatriz Felpeto bronce no europeo

Este pasado domingo e luns, 7 e 8 de Maio,  disputouse o decimo terceiro Campionato Europeo de Taekwondo na modalidade de Poomsae. O Campionato celebrouse no Palais de Sportis Faliraki, na Illa de Rodas, en Grecia.

Na proba por parellas de Freestyle, de menos de 17 anos, Gabi Tembrás e Bea Felpeto acadaron a medalla de bronce para España e compartiron terceiro esclaón do podio  xunto ó equipo ruso.

A medalla de prata foi para a selección ucraina, mentres que o ouro recaeu na parella turca.

España conseguiu un total de 21 metais neste campionato, catro ouros, dez pratas e sete bronces.

Nova cortesía de Xose Ferreiro