Gabriel Tembrás prata no Campeonato de Europa

O deportista pontés Gabriel Tembrás Corrales ven de participar esta fin de semana no Campionato de Europa de Taekwondo Poomsae, en Serbia, onde participou en dúas probas.

En Técnica Individual, na categoría cadete, fíxose coa medalla de prata, tras caer na final ante o favorito turco Muhammed Emir Yilmaz, mentres que os bronces foron para os rusos Maxim Timashkov e o francés Antoni De Jesus.

Formando parella coa súa compañeira do Moo Duk Kwan Vilalba, en Técnica Cadete, Beatriz Felpeto, non puideron pasar á rolda das medallas, nunha proba na que se impuxo a dupla turca, seguida da delegación alemana, sendo os bronces para Rusia e Chequia.

Non puido defender Gabi o seu título de Campión de Europa Freestyle para menores de 17 años, e no seu lugar competiu Pau Caldentey, que non puido pasar á fase final, na que venceu o turco Ornek, por diante do alemán Moryson, plata, e o terceiro lugar ocuparono o ruso Pak e o ucraino Orlovskyi. [amigus.org]

tembras /