Inicio da campaña Merca Nas Pontes

Inicio da campaña Merca Nas Pontes

A Asociación de Empresarios e Comerciantes de As Pontes atópase inmersa xa na promoción da súa campaña de Nadal “Merca nas Pontes”. Unha campaña na que poden tomar parte todo tipo de establecementos da localidade, sexan ou non asociados da entidade.  A iniciativa pretende premiar a fidelidade do cliente e promocionar a ampla oferta comercial que existe na vila, xa que baixo esta campaña agrúpanse todo tipo de establecementos. Polo tanto, ata o vindeiro 1 de decembro está aberto o prazo de inscrición, e todos os establecementos interesados poden facelo por teléfono 981451153 en horario de mañá, ou por correo electrónico asoc.empresarios@mercanaspontes.com.