Maratón de fútbol sala Festa do Carme As Pontes 2015

Maratón de fútbol sala Festa do Carme As Pontes 2015

Esta fin de semana, do 3 ó 5 de xullo, disputouse na pista do colexio Santa María de As Pontes o Maratón de fútbol sala das Festas do Carme 2015, nas tres categorías, masculina, feminina e veteranos. O torneo foi organizado polo Club O Esteo e o Concello de As Pontes. Ó longo dos tres días de competición a climatoloxía acompañou o que motivou a numeroso público.

A competición máis disputada foi a masculina, e así, 21 equipos estaban distribuídos en sete grupos de tres conxuntos cada un.

O máis interesante comezou na fase final, nos oitavos, ós que pasaban os dous primeiros de cada grupo, sumando un total de 14 clasificados. Nesta rolda impúxose LS Excalibur a Sempre Valerón (3-1), Nueva Imagen a Solfamidas (4-0), Al-Ahly-GZ a Mariscos Recio (3-2), GTC Su Formación a Zapas Colacao (8-1), A Capela a Cervecería TPV (3-0), Los Yutis a Arenal Salud (5-3), e Mobles Eume a Mi Bebe 4D- Jardín (7-0), sendo repescado para completar os oito conxuntos de cuartos, o Mariscos Recio, ó ser o conxunto que perdeu pola menor diferenza de goles nesta fase.

En Cuartos de Final, LS Excalibur venceu a Al-Ahly-GZ (5-1), Mobles Eume a A Capela (4-0), Los Yutis a Mariscos Recio (5-1), e tras empatar 2-2, GTC Su Formación gañou nos penaltis a Nueva Imagen.

En semifinais, Los Yutis vencían por 5-3 a GTC Su Formación, mentres que no duelo local entre LS Excalibur e Mobles Eume, gañaba o equipo de Basoa na quenda de penaltis tralo empate a un gol.

Na gran final, que poñía fin á competición, gañou Los Yutis 6-4 a Mobles Eume, acabando como terceiro clasificado GTC Su Formación e cuarto, LS Excalibur.

Na categoría feminina, catro equipos disputaron o torneo, e fíxose un grupo previo para saber a posición de cada conxunto de cara as semifinais, nas que Pitufiñas se impuxo 9-1 a Pepinillas e As Pontes 2.0 venceu 5-1 a Choco Crispies.

Na final, o xove equipo pontés do As Pontes 2.0 impúxose a Pitufiñas de Lugo, cun solitario tanto da xogadora pontesa da galega sub18 e tamén do Friol -terceiro clasificado da Segunda División estatal feminina- Raquel Béjar Castro. Terceiras foron Choco Crispies, e cuartas Pepinillas.

Na categoría de veteranos participaron seis equipos, distribuídos en dous grupos. Em semifinais houbo vitorias folgadas e tanto Mobles Eume, como Electricidad J&O venceron por 5-1 a Seguros Alvelo e A Cepa, respectivamente.

Logo na cita definitiva sería Electricidad J&O o que se impuxo por 3-1 a Mobles Eume. Terceiro posto foi para A Cepa mentres que Seguros Alvelo foi cuarto.

Tamén houbo premios individuais ós mellores xogadores e porteiros, que foron para o xogador do Parrulo Álex Durán (Los Yutis), e Senén Bouza (LS Excalibur) en masculino, Fran Sueiras e Javier Rivera, ambos do Electricidad J&O, en veteranos, e Raquel Béjar e Malena Mieres (As Pontes 2.0) na categoría feminina.

Entregaron os trofeos o presidente do Club O Esteo FS, Fran Fernández, e Chicho Tembrás, concelleiro de Deportes.

[amigus.org]

maraton_0048 maraton_0016 maraton_0015 maraton_0017 maraton_0014 maraton_0037 maraton_0031 maraton_0050 maraton_0049 maraton_0051 maraton_0046 maraton_0047 maraton_0055 maraton_0052 maraton_0057 maraton_0056 maraton_0061 maraton_0062 maraton_0059 maraton_0054