Miguel Alvariño, Beca Podium de Telefónica

[@migus.org – XF] Miguel Alvariño García (As Pontes 1994) é un dos 80 xoves deportistas españois que forman parte da Beca Podium que concede Telefónica de cara ós Xogos de Río 2016. Campión galego en moitas ocasións, foi bronce no Campionato de España Cadete de 2011, bronce por equipos no Grand Prix de Francia 2012, bronce no Campionato de España Absoluto 2013, ano no que quedou subcampión do Mundo Junior por equipos en China xunto á vasca Mirene Etxeberría. Neste 2014 logrou a primeira praza nos clasificatorios para representar a España nas Copas do Mundo, cribas que sorteaban tres prazas, que foron para Miguel, J.I. Rodríguez e Epifarre. Así, competiu nas Copas do Mundo de Shangai, Medellín, Antalya e Wroclaw, e tamén no Europeo de Armenia, gañando o Campionato de España en Sala Xuvenil Individual e Absoluto por equipos