Miguel Alvariño campión de España

Miguel Alvariño campión de España

O arqueiro pontés Miguel Alvariño García sumou onte un novo éxito no seu palmarés ó impoñerse no Campionato de España de Recurvo Individual disputado esta fin de semana en Tarragona.

E iso que as clasificatorias resultaron un tanto sorprendentes, cun primeiro posto do prometedor Sergio Del Olmo (653), segundo Ignacio Santana (652), e terceiro Iván Marí (650).

Cuarto era Antonio Fernández (647), quinto Pifarre (643), e sextos Alvariño e Juan Ignacio Rodríguez con 640, sendo undécimo o junior Dani Castro con 616. Non clasificou Vicente Veira.

Desgraciadamente Dani caeu na primeira rolda das eliminatorias, 4-6, ante David González, pero Maikel estivo sensacional, gañou sucesivamente a Alejandro Costa (6-2), ó verdugo de Dani (6-2), a Iván Marí (7-1), Ignacio Santana (6-0), e na final ó seu compañeiro de selección española, Antonio Fernández (7-3), mentres Santana se facía co bronce ante o xove Del Olmo.

En Recurvo Feminino, a aínda cadete Cristina Castro non conseguiu entrar entre as 32 primeiras, quedando a un punto das roldas finais, 34ª con 486 puntos. Si pasaron Noelia Pena e iria Grandal, que quedaron eliminadas en oitavos de final. Venceu a xove Adriana Martín, á veterana e gran Almudena Gallardo, sendo bronce Miriam Alarcón.

En Composto Masculino Xaquín Mira, foi duodécimo nas clasificatorias con 681 puntos, pero logo caeu en primeira rolda ante Jesús Pérez (140-145). Tamén caeu na primeira rolda Guillermo Rodríguez, e Alberto Blázquez en cuartos de final, sendo gañador Víctor Canalejas en Composto Masculino e Andrea Marcos en Composto Feminino.

[amigus.org]