Novo descenso do paro en As Pontes

Descenso continuado do paro en As pontes durante todo o 2015. No mes de xullo, o descenso foi de 61 persoas, que acumulado dende o mes de xaneiro,
supón un total de 242 persoas menos en situación de desemprego no municipio no que vai de ano.
O número de desempregados no municipio sitúase en datos do 2008, cifrándose a finais do pasado mes de xullo en 646 persoas, (27 menores de 25 anos) o que bota un dato porcentual do 6% sobre poboación total.

[aspontes.org]