O adestrador Javi Saa, última incorporación do Esteo FS

O adestrador Javi Saa, última incorporación do Esteo FS

[@amigus.org – AF] Javi Saa, actualmente adestrador do Capela de Segunda Rexional, incorpórase ó Esteo Fútbol Sala, equipo no que xa estivo nas tempadas 2005/06 e 2008/09 e na pasada campaña foi segundo adestrador do Parrulo Ferrol de Segunda División. Nesta nova andadura no conxunto pontés, compaxinando o seu labor no A Capela, Javi Saa adestrará a varios equipos da base, agora con novas categorías, sendo a súa primeira experiencia nesta faceta, formando parte do cadro técnico do Esteo que coordinará Diego Paz, adestrador do primeiro equipo. O cadro pontés contará para a vindeira tempada con equipos prebenxamín, benxamín, alevín, cadete e xuvenil, ademais do conxunto da Segunda División B. Con Javi Saa péchase o capítulo de fichaxes do Club O Esteo, despois das incorporacións dos xogadores Javichu, Cagi, Lardin, Ferreiro e Púas e tralas baixas de Chotto, Rubi e Rober Paz. O equipo que prepara Diego Paz está en fase de preparación para afrontar con máis garantías unha tempada máis na Segunda B, competición que comezará o 11 de outubro coa a visita á pista do Cistierna leonés, conxunto novo na categoría. Un grupo primeiro que contará con tan só doce equipos, sete galegos e cinco castelán-leoneses. A liga rematará na súa primeira fase o 28 de marzo de 2015.