O arqueiro pontés Daniel Castro, Campión de España Junior

O arqueiro pontés Daniel Castro, Campión de España Junior

[@migus.org – DC e XF] O arqueiro pontés Daniel Castro Bárcala, ven de proclamarse, este pasado domingo, en Madrid, Campión de España Junior de Tiro con Arco.  Xa fora primeiro nas tiradas do sábado desde 70 metros con 644 puntos. Nas roldas eliminatorias gañou sucesivamente ó representante da Comunidade Valenciana 6-2, Iván Marí (Baleares) 6-2, Pablo Acha (Castela León) en semifinais 7-3, gañando na final a Alejandro Costa Cardona (Baleares) por 6-0. Pola súa banda, a súa irmá, Cristina Castro, aínda cadete, superou a primeira rolda pero caeu na seguinte ante Oceanía Morago 7-1 quedando definitivamente sexta.  Dani foi convocado hai uns días pola selección española para o Mundial Cadete e Junior de Triro con Arco que se disputará en EEUU no mes de xuño.