O CD AS PONTES GAÑA O TORNEO DE NADAL SOLIDARIO DE FÚTBOL SALA

O CD AS PONTES GAÑA O TORNEO DE NADAL SOLIDARIO DE FÚTBOL SALA

Na tarde deste venres disputouse no Pavillón da Fraga en As Pontes a primeira edición do Torneo de Nadal Solidario de Fútbol Sala, organizado pola Concellalía de Deportes e Xuventude do Concello pontés.

O evento estaba amenizado, como non, polo speaker Xalo Maira, e o requisito para entrar era achegar cando menos un kilo de productos non perecedoiros.

Había tres categorías, feminino, biberón, e sobre todo, a categoría senior, que cubriu os dous tercios dos encontros, en partidos de 25 minutos, agás os biberóns que xogaban 15.

Nos biberóns, que fixeron as delicias do público, enfrontábanse a dobre partido o CD As Pontes e O Esteo, gañando os azuis 2-0 e 4-0.

No encontro feminino enfrontábase o CD As Pontes contra un combinado feminino no que estaban, entre outras, Malena Mieres, Andrea Montero, Mireia Cabarcos, Carmela Da Silva ou Noelia Castro. Mentres que polo As Pontes de Pita e Montero xogaron 1 Paula Baamonde, 2 Yoli, 3 Noelia Santalla, 4 Nuria, 5 Indira, 6 Yaiza, 8 Xeila, 9 Paula Castro, 11 Carolina Rodríguez, 12 Yara e 14 Alba. O encontro rematou con empate a 0-0 a pesar de que o combinado dispuxo de máis boas ocasións, e dado o carácter fundamentalmente solidario e amigable do torneo non houbo quenda de penaltis.

Máis emocionante estivo o torneo senior masculino coa participación de ata catro equipos, o CD As Pontes, O Esteo, unha selección da Liga Local e unha Selección da Liga de Veteranos, enfrontándose todos contra todos en seis emocionantes partidos.

Abriron o torneo O Esteo e a selección da Liga Local cun empate a 1-1. Adiantou Diego Pellón ao combinado da Liga marcando contra o seu ex equipo, aínda que Gerardo establecía a igualada definitiva. Destacar nos últimos compases un tiro ó poste de Ayala e dúas boas aproximacións de Roi. Polo equipo de Javi Saa xogaron o torneo 1 Javichu, 3 Pedro, 6 Jaco, 7 Gerardo, 9 Púas, 10 Lito, 12 Rober, 14 Garea, 15 Iván e 21 Ayala. Na selección da Liga Local tamén había moi bos xogadores como o propio Pellón, Miguel Vilaboy, Pelu, Santi, Roi, Hugo ou Ayron, entre outros.

No segundo encontro xogaron o As Pontes contra a selección de Veteranos, e foi moi igualado pero dous golazos de Edi e Troncho, un polo escuadro e outro de tiro cruzado tras petar no poste, serviron para contrarrestar o que anotou Iván Ferreiro. Con porteiro xogador o rival, o propio Troncho tivo dúas boas ocasións para sentenciar. Marco Roca, axudado por Santi, convocou para este torneo a 1 Rafa, 3 Jandro, 4 Troncho, 5 Criado, 6 Jaime, 7 Josiño, 8 Álvaro, 9 Cabarcos, 10 Iago Vázquez, 11 Pardo, 12 Edi, 13 Lino e 14 Pita. No equipo de veteranos, había xente como Iván, Sergio ou Juan Canosa, entre outros.

No terceiro encontro enfrontouse o As Pontes co combinado da Liga Local, gañando 2-1, gracias a ambos tantos de Rubén Pardo, contrarrestado polo de Freire. Con porteiro xogador o rival, non souberon sentenciar Pita por dúas ocasións, Jaime e Edi.

Pouca historia tivo o encontro entre O Esteo e os Veteranos, pois o conxunto de Javi Saa venceu por un rotundo 4-0, podéndose ver dous golazos de Jaco, e un de Alex Garea e Rober Paz.

No quinto encontro, que asemade decidía os postos terceiro e cuarto, gañou a selección da Liga Local á selección de Veteranos por 3-2. A pesar de que comezaban adiantándose 2-0 con tantos do Campión de España coa selección galega, Roi Antelo Sinde, e de Ayron, xogador que tamén remataba un tiro ó poste, recurtaba distancias Iván Ferreiro, marcándolle ó seu irmán Hugo. Diego Pellón poñía o 3-1 que semellaba definitivo pero Pedro daba emoción a un marcador que xa non se moveu máis.

No último partido, que ademáis decidía a primeira posición, nun gran encontro de ambos conxuntos, venceu o As Pontes ó Esteo por 4 goles a 3.

O fenés Jaime Leira regateaba ó porteiro e poñía o 1-0 para os azuis, incluso Pardo estrelaba un balón no longueiro. Tamén puido empatar Jaco nunha sensacional vaselina, pero foi o pontés Gerardo tras un gran disparo que entrou xustiño tras petar no longueiro o que poñía o 1-1 no marcador.

Remontaba o Esteo cun tanto de Pedro tras culminar unha contra, o irmán pequeno de Noé Calvo, do Fundao, que estaba na grada. Pero Álvaro Rey igualaba de novo a contenda tras un tiro preto do poste do futbolista de Cabanas que a piques está de despexar un defensa.

Nun tiro cruzado, o outro Ávaro, o locatario Troncho, poñía o 3-2 no marcador, pero non se rendía o Esteo, que necesitaba a vitoria para gañar o torneo, e empatou 3-3 por medio dun forte e colocado disparo de Rober Paz.

Pero o xogador de Ortigueira Rubén Pardo anotaba o 4-3 definitivo cando se quedou só e batiu a Iván na saída por alto, quedando o dianteiro do equipo pontés como máximo goleador do torneo con 4 tantos, e o CD As Pontes como campión honorífico con nove puntos, por catro do Esteo, segundo, e da selección da Liga Local, terceiros, acabando cuartos os veteranos.

No remate de torneo, sobre as 21:30, entregáronse agasallos ós participantes, agás os biberóns, ós que por cuestións de horario, entregouselles antes. Dado o carácter amigable e solidario do evento, desfilaron todos os equipos xuntos e misturados.

Foron os encargados de entregar os diversos premios os concelleiros Montse García Chavarría e Chicho Tembrás.

Como sinalou Xalo Maira, recadáronse preto de 700 kilos de alimentos non perecedoiros, que era o gran obxectivo do torneo, ademáis de pasar unha tarde agradable, e incluso nos dous últimos encontros “penalizábase” a cada equipo con 10 kilos de alimentos a embolsar por cada gol encaixado.

RESULTADOS
BIBERÓNS
CD As Pontes 2 – O Esteo 0
CD As Pontes 4 – O Esteo 0

FEMININO
CD As Pontes 0 – Combinado Feminino 0

SENIOR
O Esteo 1 – Liga Local 1
CD As Pontes 2 – Veteranos 1
CD As Pontes 2 – Liga Local 1
O Esteo 4 – Veteranos 0
Liga Local 3 – Veteranos 2
CD As Pontes 4 – O Esteo 3