O CD As Pontes perfila o plantel cara a tempada 2015-2016

O CD As Pontes está perfilando estes días o que será o seu plantel de cara a nova temporada.

Na parte negativa, produxéronse sete baixas, o central Aitor, os medios Piña e Fidi, e os atacantes Iván González, Sergio Arias, Santi e Javi.
Renovaron polo conxunto pontés, de momento, o porteiro Marcos Souto, os defensas Chote, Pablo Domínguez e Hugo, os medios Nano, Dani, Bossa, Alex e o dianteiro David Amado.

Quedan por coñecerse posibles novas fichaxes que lle virían moi ben ó equipo, e a situacións doutros futbolistas, en especial Chicho e Rochela, os xogadores do equipo B que axudaron ó equipo a pasada campaña, e os que subirán este ano a facer a pretemporada co primeiro equipo.

Catro son as novas fichaxes coas que contarán Pablo López e Marco Roca. De Monte Alto chegan os irmáns Óscar e Adrián. Óscar “La Magia” Martínez, de 25 anos, soe xogar de media punta ou extremo, cunha boa zurda. Pasou polas categorías inferiores do Deportivo da Coruña, para logo xogar no Orillamar, Cerceda, Pontevedra, Montañeros (Segunda B), Vilalbés e a tempada pasada no descendido Laracha.

Adrián Martínez, o irmán pequeño, de 23 anos, tamén se formou nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña, para logo xogar catro anos no Deportivo B, na Terceira, do que chegou a ser capitán. Rematado o seu periplo sub23 ficha polo As Pontes. Polivalente, soe xogar de medio defensivo pero a tempada pasada tamén o fixo en ambos laterais.

Edgar Alvariño Martínez “Edi” é quizáis o fichaxe de máis relumbrón, non en van, a tempada pasada xogou na Segunda B co Somozas, co que ademais anotou 6 goles. Formado nas categorías inferiores do CD As Pontes, no Cadete e Xuvenil de Liga Galega, sube ó primeiro equipo onde milita dous anos na Preferente, aínda que xa debutara sendo xuvenil, ata que ficha polo Ourense B, da Terceira División, no que está dúas campañas, xogando posteriormente oito temporadas no Somozas co que consigue un magnífico ascenso na 2013-14. Con 30 anos, o fillo e sobriño dos míticos irmáns Recemel, Juan e Mundo, é un medio de moito físico, con gol e un potentísimo disparo como xa amosou en moitas ocasións no Campo do Poboado.

Rubén Pardo é un dianteiro de Ortigueira de 29 anos. Este trotamundos do fútbol chega procedente do Vilalbés, equipo a onde foi parar Sergio Arias. Nos seus inicios foi un atacante moi prometedor que estivo nas categorías inferiores do Celta de Vigo, incluso no filial celeste en Segunda B. De ahí pasou á Terceira co Vilalonga, Betanzos e Narón BP. Co conxunto naronés consigue ser o segundo máximo goleador da categoría na 2007-08 con 15 goles, o que lle sirve para voltar á Segunda B da man do Lugo, Montañeros, co que consigue 12 goles, Pontevedra e Cultural Leonesa. Regresa á Terceira para tentar axudar ó Racing de Ferrol a ascender (2011-12). Tras unha grave lesión no ombreiro que o tivo case un ano parado, voltou á súa localidade, Ortigueira, facendo de adestrador-xogador. Ó ano seguinte volve ós terreos de xogo en Preferente co Viveiro, conseguindo 9 goles quedando a pouco do ascenso, rematando esta última tempada na Terceira co Vilalbés, no que anota catro goles ante Ribadeo (2), Pontevedra e Bertamiráns, en 25 partidos, 14 de titular.

[amigus.org]