O Concello de As Pontes selecciona un/una Axente TIC

[aspontes.com]  O Concello de As Pontes vén de facer públicas as bases que rexerán a selección, por concurso-oposición, dun ou dunha axente TIC para a aula CEMIT da Casa Dopeso e por un período de 4 meses, ata o 31 de Decembro de 2014. Para tomar parte no proceso selectivo é imprescindible posuír a titulación de técnico superior en informática ou equivalente específico. Tamén se considerarán como titulacións de acceso as enxeñerías en dita rama de coñecemento. As solicitudes teranse que presentar no rexistro xeral do Concello ata o martes da semana que vén. Xunto coa solicitude, os aspirantes deberán presentar a documentación acreditativa dos méritos que aleguen, ben sexan cursos, cursiños, e experiencia laboral. Terán que ser documentos orixinais ou ben copia compulsada e virán acompañados dunha enumeración dos méritos que se aleguen. As bases íntegras desta convocatoria están publicadas na páxina web do Concello www.aspontes.com e tamén poden consultarse no Departamento de Emprego do propio Concello.