O DEPORTISTA PONTÉS MIGUEL ALVARIÑO GARCÍA, NA SEGUNDA EDICIÓN DOS PREMIOS PLANETA OLÍMPICO

O DEPORTISTA PONTÉS MIGUEL ALVARIÑO GARCÍA, NA SEGUNDA EDICIÓN DOS PREMIOS PLANETA OLÍMPICO

O deportista pontés Miguel Alvariño García, gañador este ano dos Xogos Europeos de Bakú e da Copa do Mundo de México, ven de ser elixido aspirante ó título de Mellor Promesa Masculina nos Premios Planeta Olímpico, que celebran a súa segunda edición.

Pódese votar por Maikel dende este pasado luns 16 de Novembro ata o vindeiro 8 de Decembro en que rematara o prazo, no seguinte enlace: http://www.planetaolimpico.es/Concursos

Competirá Miguel contra seis rivais de tronío. Un dos favoritos é o piragüista vigués-tomiñés Roi Rodríguez, que fixo unha campaña espectacular este 2015, acadando o doble Campionato Mundial Sub23 en K1 e K4 en 1000 metros, e o cuarto posto no Mundial Absoluto en K1 500. Outro galego presente é o ourensán de Maceda Pablo Rodríguez, subcampión da Copa do Mundo Sub23 de Mountain Bike.

Tamén compiten o triatleta David Castro, Campión de Europa e subcampión Mundial, en categoría Sub23, o nadador Hugo González de Oliveira, Campión Mundial Junior de 200 espalda, o atleta Diego García, Campión de Europa Junior de 10 kilómetros marcha, e o judoca Nikoloz Sherazadishvili, doble subcampón do Mundo Junior en 2014 e 2015, en menos de 90 kilos.

Nestas alturas Roi leva un 32.86% dos votos, Alvariño 29.34%, e terceiro sería Pablo Rodríguez con 10.04%.

Son oito categorías ás que se pode votar, as de mellor deportista masculino e feminino (entre os que se atopa Gómez Noya), mellor promesa masculina e feminina, mellor deportista paralímpico e mellor equipo feminino.

Noutras dúas categorías tamén se atopa presente Miguel. Na de mellor equipo masculino, categoría á que optan o seu equipo de recurvo (da que forma parte xunto a Antonio Fernández e Juan Ignacio Rodríguez), prata en Bakú ou cuartos na Copa do Mundo de Shanghai, a selección española de baloncesto gañadora do Eurobasket 2015, e o K4 1000 da selección española de Piraguismo, que calificou a uns Xogos Olímpicos 20 anos despois.

Outra categoría na que “aparece” Alvariño é na de mellor adestrador, pois o seleccionador español de Tiro con Arco, o coreano Hyung Mok Cho, é un dos candidatos. Ademáis del están Sergio Scariolo (Baloncesto), Fernando Rivas (Badmintón), Xabier Etxaniz (Slalom), e Jordi Jou (natación).

[amigus.org]