O equipo feminino comeza a preparar a temporada 2015,2016

O equipo feminino comeza a preparar a temporada 2015,2016

Igual que o fixeron no seu día o primeiro e o segundo equipo, ademáis do xuvenil, o conxunto feminino do CD As Pontes iniciou estes días a súa pretemporada de cara a preparar a 2015-16, na que terá que xogar 34 encontros, por contra dos 28 do ano pasado, debido a que a Liga pasa de 15 equipos a 18.

Son novos, Perlío, Cebarca e A Capela, e continuan R.Ferrol, Mandiá, San Sadurniño, Cultural Maniños, O Val B, CD Narón, As Pontes, Rápido de Neda, Galicia de Caranza, Cariño, Santa Mariña, Galicia de Mugardos, Ortigueira, Cedeira e Amistade de Meirás.

Para o equipo feminino será a terceira campaña consecutiva no fútbol oito. Anteriomente participara nas tres primeiras lIgas (2008-11) co equipo B, gañando a segunda edición, logo disolveuse o equipo B e non xogou as Ligas 2011-12 e 2012-13, volvendo, xa co equipo A, na 2013-14, ata hoxe.

O equipo azul viuse moi mermado nas últimas campañas, trala marcha de case todas as “veteranas”, das que só queda Carlota, e esporádicamente Patri Dopico. Tamén as xoves promesas buscaron maiores retos, caso de Raquel (Orzán), Malena (Friol), ou Mireia (O Val), e outras marcharon por mor dos estudos.

Aínda así, afrontan con ilusión a que será a súa oitava campaña desde a sua existencia, e estes días puidose ver ás Indira, Nuria, Xeila, Noelia Santalla, Paula Castro, Nicole, Uxía, Laura Permuy, Alba, a xove Paula Rodríguez, e alguna máis que se incorporará de aquí ó comezo de Liga, ás ordes de Pita.

Xogarán a primeira xornada a primeira fin de semana de Setembro, visitando ó Ortigueira, decimoterceiro clasificado da tempada pasada. Logo, recibirán ó Cebarca, novo na categoría.

Os campións en anteriores edicións foron Portuarios (2008-09), As Pontes B (2009-10), O Val (2010-11), Victoria de A Coruña B (2011-12 e 2012-13), e Racing de Ferrol (2013-14 e 2014-15).

[amigus.org]