O PONTÉS ANTONIO POLO CAMPELLO SUBCAMPIÓN DO MUNDO

O PONTÉS ANTONIO POLO CAMPELLO SUBCAMPIÓN DO MUNDO

 

Cuarta medalla internacional do pontés no evento que se está disputando en Portugal

O piragüista pontés Antonio Polo Campello logrou este martes a medalla de prata nos Campionatos Mundiais de Maratón que se levarán a cabo durante esta semana en Vila de Prado (Portugal).

Na proba do K2, na orla de idade entre os 40 e 44 anos, Polo, xunto ó vivariense Alberto Pigueiras, perderon o ouro fronte ós irmáns arxentinos Mauricio e Rodrigo Caffa por apenas 87 milésimas, facendo ambos kaiaks un tempo de 1 hora, 36 minutos e 27 segundos.

O bronce foi para outra embarcación española, a de Bernardo Sánchez e Ulises Diéguez, que chegou a máis de tres minutos dos dous primeiros nunha proba na que participaron kaiaks españois, portugueses, arxentinos, noruegos, sudafricanos, canadienses, italianos e brasileños.

Ademáis do quinto posto na Copa do Mundo de Dinamarca 2009, Portugal é un lugar idílico para o palista pontés, pois aló foi doble Campión Europeo de Maratón, de K2 en 2013 xunto ó propio Pigueiras, e de K1 en 2017.

Tamén en Portugal fora medalla de prata nunha Copa de Europa en 2006 xunto a Dani Feijoo, que precisamente no Mundial Junior de Finlandia en 1997 tamén perdera a medalla de ouro competindo co K4-500 español por apenas cinco milésimas con respecto á piragua alemana na que estaba un moi xove daquela, Ronald Rauhe.

Amigus.org