O xabarín segue a facer estragos nos campos do Poboado

O xabarín segue a facer estragos nos campos do Poboado

Vai pola quinta vez que o porco bravo entra nos campos do Poboado e continúa a facer estragos nos campos anexos onde disputan os seus partidos os equipos de base do Club Deportivo As Pontes, dende o equipo B ata a categoría prebenxamín.

Nesta ocasión foi na noite do sábado 22 ó domingo 23 e o terreo de xogo afectado o anexo ó campo principal, así como tamén resultou danado, aínda que en menos extensión, o campo popularmente chamado “José”.

Esta situación segue a preocupar ós responsables do Club pontés, porque por moito que se reforce o cerramento con vallas metálicas o xabaril segue a entrar e causar graves danos ós terreos de xogo.

En días anteriores informamos de que estes estragos supoñen uns gastos para o Club de varios miles de euros, que se van no arranxo dos terreos de xogo e no reforzamento das vallas do cerramento.

[amigus.org]