O xogador pontés de fútbol sala, Noe, subcampión de copa en Portugal

O xogador pontés de fútbol sala,  Noe, subcampión de copa en Portugal

O xogador pontés de Fútbol Sala, Noé Calvo Pardo, do AD Fundao, proclamouse onte domingo subcampión da Taça da Liga de Portugal, tras caer na gran final, disputada en Gondomar, ante o Sporting de Lisboa, por 4-0.

O gran triunfo do clube morado, sexto clasificado actual da Liga portuguesa, foi nos cuartos de final, onde se impuxeron ó Benfica, Campión de Europa 2010, por 4 tantos a 2, dous goles do crack Waltinho, e un de Danny e Teka.

O equipo benfiquista, segundo clasificado da Liga, conta co porteiro Campión de Europa con España, Cristian, ex do FCB, o actual Campión do Mundo con Arxentina, Wilhelm, ou xente como Patías, Je ou Chaguinha.

Magoa que o xogador pontés apenas puido xogar os tres primeiros minutos, recibindo un golpe no xeonllo que o deixou fóra o resto do torneo. Si que o fixo, e a un gran nivel, coma nos ten acostumados, o seu compañeiro de equipo, o bo porteiro de Viveiro, Iago Barro.

Nas semifinais venceron ó terceiro clasificado da Liga, Belenenses, por 5 a 4, goles de Waltinho, Yulian, Marcio (2), e Teka.

Xa na gran final enfrontábanse ante o líder invicto da Liga lusa, e que xogará a Final Four da Uefa Futsal xunto a Inter Movistar, Ugra Yugorsk e Kairat Almaty, o Sporting de Lisboa.

O equipo sportinguista alcanzaba o último partido tras vencer 6-1 ó Braga e 5-2 ó Modicus. Curiosamente foi o primeiro vencedor deste torneo inaugurado en 2016, gañando tamén ó Fundao.

Incontestable partido dos verdibrancos, que se adiantaron na primeira metade cos tantos de Dieguinho, Cavinato e o gran xogador brasileño, Deo.

No segundo tempo, e con porteiro xogador, sentenciou o Campión de Europa 2014 coa Selección Italiana, Fortino, establecendo o 4-0 que resultaría definitivo.

Amigus.org