Os ponteses Roi García e Chucho Suárez, 67º no campionato do mundo de Vaurien

Onte finalizaron, despois de unha semana de competición, e trece regatas, os Campionatos do Mundo de Vaurien, que se levaron a cabo en Holanda.

Na categoría absoluta impúxose a parella italiana Niccolo Bertola e Jacopo Izzo, seguido dos irmáns holandeses Roelo e Jelmer Kuipers, e na terceira posición quedaron os vigueses Antonio Pérez e Gonzalo Martínez, que se colgaron o bronce.

Ocuparon a cuarta praza Pablo Cabello e Javier Lago, gañadores en As Pontes en 2013, e Campións da Copa de Europa 2007. Oitavo foi o Campión Mundial 2012 Alfonso Leirós (xunto a Pablo Iglesias), e décima a campiona universal en 2014, Alejandra Suárez (xunto a Andrés Vieites).

Ademáis, os vigueses Tirso Cerqueira e Mario Pérez, foron cuartos na categoría xuvenil, non podendo repetir a segunda posición acadada o ano pasado en Italia. Tamén, as irmáns Paula e Miriam González, do RCN de Vigo, que estiveron hai apenas un mes e medio en As Pontes, foron cuartas na categoría feminina.

Roi García e Luis “Chucho” Suárez, do Clube de Vela Fluvial de As Pontes, acadaron unha magnífica 67º posición dos 79 participantes, na que era a súa primeira participación mundial.

Nas 54 edicións do Mundial, na categoría absoluta, España encabeza o ranking de vitorias, con 18 ouros, seguida con 12 por Italia (gañadora das tres últimas edicións), 11 de Holanda, 6 de Francia, 2 de Alemaña, e un triunfo de Suiza, Bélxica, Portugal, Austria e Eslovaquia. O último triunfo español foi dos irmáns Leirós en Douarnenez en 2012.

[amigus.org]