Participación do Olympo pontés na carreira popular en Xermade

O Clube Atletismo Olympo pontés desprazouse esta fin de semana ó Concello veciño de Xermade para participar na sexta edición da súa Carreira Popular, que gozou dun día moi soleado.

Ata 29 atletas se desprazaron á localidade luguesa, e na categoría benxamín resultou vencedor Mateo Núñez, quedando terceiro Antonio Graña. Leo Alonso foi 10º, Carmen Alén 33ª, Marta Fernández 35ª, Fernán Antón 41º e David Franco 42º.

Na categoría alevín Paula Criado foi 15ª e Héctor Mieres 19º, mentres que na infantil África Morales foi 11ª e cuarta rapaza, Antón García 15º e Anxo Sobrido 21º.

Na categoría cadete Xoel Trastoy foi 9º mentres que María Prieto 13ª, e na categoría xuvenil Oliver Núñez foi 4º, Carla Franco 7ª e segunda rapaza, e Carlos Fernández 8º.

Xa na competición absoluta Óscar Pena foi 7º, Lorenzo Graña 15º, César Ramil 17º, Amancio Pérez 37º, Roberto Pardo 45º, a gran Susana Castro 48ª e segunda muller, Manuel Bouza 62º, José Miguel Varela 68º e Goretti Ramos 79ª.

Nesta mesma categoría, Ángel Cañizares, irmán de Chus, foi oitavo. E terceira muller quedou Virginia, a pequena dos tres irmáns Polo Campello Campións de España, ela, de Piraguismo, en K4, xunto á edil Jessica Fernández, Saray Fornos e Marta Ledo. O seu irmán Antonio, un mito do piragüismo pontés, e a súa irmá María, campiona de Kayak Polo.

Antonio Teijido, de Guitiriz, foi o vencedor masculino e Raquel Guizán, de Vilalba, en feminino.
Tamén participaron os tres biberóns Cayetano, Bruno e David.

[amigus.org]

participación de Olympo pontés na carreira en Xermade